O Pedrón           

Asociación Folclórica Cultural          

 

 

     Principal
     Noticias
     Quen Somos
     Asóciate
     Contactar
     Actuacións
     Galería  Imaxes
     Foro

 

Se che gusta o Folk e o baile rexional, contacta con nós.

 

C/ Couto, Nº15, 15900 Padrón (A Coruña)

Teléfono: 686 569 109 Mª Jose
                610 508 852 Santi
Email:      opedron@terra.es

A agrupación folclórica “ O PEDRÓN “  é unha asociación sen ánimo de lucro ,que nace en febreiro de 1991 con Manuel Miramontes e Montse Liñares  como profesores e que ó longo destes anos foi cambiando de alumnos,de directivas,e tamén de profesores. Actualmente contamos con Luz San Martín , Luís Xaneiro e Manuel Edreira como novos profesores. 

 
 As que nunca cambiaron foron as bases desta asociación, que son entre outras: recoller, estudiar, ensinar e divulgar a cultura folclórica de Galicia, e eso facémolo en cada actuación, que van dende procesións, festivais, pasacalles ou alboradas en días de festa, que podemos contar entre outras as destes catro últimos anos : Bilbao, Portugal, Marín, Puebla, Laxe, Lalín, etc;  e moi a miudo na nosa vila, PADRON. 

 Todos os instrumentos que utilizamos son tradicionais do noso folclore; gaita, tamboril, bombo e pandeireta.
Dentro da súa labor de organización, “O PEDRÓN “ leva adiante dende o ano 2007 (polo sistema de intercambio)  no mes de xuño, o xa tradicional festival folclórico de Padrón, que intentamos mellorar ano tras ano.  Tamén dende o ano 2008, xunto co concello, organizamos o festival de gaiteiros solistas, o día 25 de xullo “Santiaguiño do Monte.


Para estar un pouco mais preto de todos vos, creamos en outubro do 2008 a nosa páxina web, que como podedes observar está sendo moi visitada.

 

 

    Actualizada 11/06/2012

                   Patrocinadores

 

 

Padrón - Galicia - España